Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3510

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (521/2012).

Francisco Ferreiro Vázquez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento obxectivo individual 521/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Carbajales Grobas contra a empresa Oyalia, S.L., Óscar Malde Pardo de Andrade, Amaya Malde Telleria, Natalia Malde Telleria, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Manuel Malde López, C.B., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Que desestimando parcialmente a demanda interposta en materia de despedimento, debo declarar e declaro procedente o despedimento realizado por razóns obxectivas e declaro o dereito do traballador a percibir a cantidade de 32.740,08 euros en concepto de indemnización, condenando solidariamente as demandadas Oyalia, S.L. e Manuel Malde, C.B., ao pagamento desta cantidade. Así mesmo, absolvo a administración concursal e o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo de estar e pasar por esta declaración e das súas responsabilidades correlativas conforme a Lei concursal e o artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena, se é o caso, na conta deste xulgado, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma aos demandados Oyalia, S.L., Manuel Malde López, C.B., Amaya Malde Telleria, Óscar Malde Pardo de Andrade, en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial