Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3554

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública dun establecemento para almacén e expedición de víveres.

Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Expediente: 11/2011.

Actividade: establecemento industrial destinado ao almacenamento e expedición de víveres.

Situación: parcela H-24 do polígono industrial de Bértoa, Carballo.

Solicitante: Comercial Sánchez Viqueira, S.A., representada por Antonio Sánchez Núñez.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e a exposición pública no taboleiro de anuncios do Concello.

A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da instalación proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Carballo, 9 de xaneiro de 2013

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde