Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3555

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública dunha nave para almacén e venda por xunto de produtos fitosanitarios, agropecuarios, fertilizantes, sementes, pensos e derivados.

Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Expediente: 115/2012.

Actividade: nave industrial destinada ao almacenamento e venda por xunto de produtos fitosanitarios, agropecuarios, fertilizantes, sementes, pensos e derivados.

Situación: parcela H-23 do polígono industrial de Bértoa, Carballo.

Solicitante: Protección Verde, S.L., representada por Roberto Pérez Ferreiro.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e a exposición pública no taboleiro de anuncios do Concello.

A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da instalación proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Carballo, 14 de xaneiro de 2013

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde