Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3556

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre instalación de explotación porcina en Doade (expediente 6843/12).

Luis Vázquez Presas, en representación de Trebisqueira, S.C. (expediente 6843/12), presenta solicitude de licenza para a instalación dunha explotación porcina no lugar de Doade, parroquia de Doade, Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, durante os cales os interesados poderán examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo do Concello de Lalín, e formular as alegacións que consideren convenientes.

Lalín, 16 de xaneiro de 2013

P.D.
Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo