Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3987

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a venda de chatarra existente no edificio municipal en Torneiros, neste concello.

Por Decreto da Alcaldía do 20 de decembro de 2012 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 21/12).

2. Obxecto do contrato: venda de chatarra existente no edificio municipal en Torneiros, no concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto, cun único criterio de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 200 €/tonelada, mellorables á alza.

5. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

6. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos que rexen a licitación.

7. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 20 de decembro de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde