Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3986

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de corrección de erros.

Advertido un erro no IVE aplicado no orzamento de licitación para a contratación da xestión comercial de voluminosos recollidos no termo municipal de Ourense; a Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 31 de xaneiro de 2013, acordou:

Corrixir o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da xestión comercial de voluminosos recollidos no termo municipal de Ourense, de tal forma que:

1. O prezo correspondente ao contrato será de 64.837,50 €, máis 6.483,75 € correspondentes ao IVE, é dicir, 71.321,25 € en total.

2. O valor estimado do contrato, tendo en conta a súa duración inicial e as posibles prórrogas deste, excluído o IVE, é de 129.675 €.

Ao abeiro do TRLCSP, o prazo de presentación de ofertas comezará a computar desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio de corrección de erros no perfil do contratante, no BOP ou no DOG.

Ourense, 31 de xaneiro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde