Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3985

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oímbra

ANUNCIO de información pública sobre explotación de canteira de granito no lugar de Buble.

A sociedade Familia Couto Espiño, S.L. solicitou neste concello licenza municipal para explotación de canteira de granito derivada do permiso de investigación Rabal fracción Segunda, número 489.2, no lugar denominado Buble, nas cercanías de Videferre, deste termo municipal.

De conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública, polo prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última inserción deste edicto, no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, para que poida examinalo na Secretaría deste concello e presentar as reclamacións que considere oportunas calquera persoa interesada.

Oímbra, 4 de febreiro de 2013

Alfonso Villarino Rodríguez
Alcalde