Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3984

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO de información pública sobre establecemento de venda ao retallo de produtos de drogaría e de produtos fitosanitarios.

Juan Manuel Calleja Rodríguez solicitou licenza de establecemento de venda ao retallo de produtos de droguaría e de produtos fitosanitarios, na rúa Colón, nº 35, baixo, de Celanova e sometida a avaliación de incidencia ambiental neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da normativa vixente sobre avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que os posibles afectados poidan alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información se pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Celanova, 15 de xaneiro de 2013

José Luis Ferro Iglesias
Alcalde