Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo de vixilancia no Complexo Residencial Xuvenil LUG (centro LUG I) de Lugo e no Centro de Menores Santo Anxo de Rábade.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Enderezo: rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

3. Teléfono: 982 29 41 01. Fax: 982 29 49 74.

4. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

5. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Número de expedientes: 25/2013 e 29/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición:

– Expte. 25/2013: contratación do servizo de vixilancia no Complexo Residencial Xuvenil LUG (centro LUG I) de Lugo.

– Expte. 29/2013: contratación do servizo de vixilancia no Centro de Menores Santo Anxo de Rábade.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

– Expte. 25/2013: Complexo Residencial Xuvenil LUG I, rúa Pintor Corredoira, 2, 27002 Lugo.

– Expte. 29/2013: Centro de Menores Santo Anxo, avenida da Coruña, 157, 27370 Rábade.

e) Prazo de execución: un ano desde a súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79714000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación urxente e procedemento aberto.

b) Criterios de adxudicación: véxanse pregos.

4. Orzamento de licitación:

– Expte. 25/2013: vixilancia no Complexo Residencial Xuvenil LUG (centro LUG I):

Importe neto: cen mil euros (100.000,00 €).

IVE (21 %): vinte e un mil euros (21.000,00 €).

Importe total: cento vinte e un mil euros (121.000,00 €).

– Expte. 29/2013: vixilancia no Centro de Menores Santo Anxo de Rábade:

Importe neto: douscentos oitenta mil euros (280.000,00 €).

IVE (21 %): cincuenta e oito mil oitocentos euros (58.800,00 €).

Importe total: trescentos trinta e oito mil oitocentos euros (338.800,00 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento da adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación:

– Expte. 25/2013: C. R. Xuvenil LUG I: grupo: M - subgrupo 2 - categoría A.

– Expte. 29/2013: C. Menores Santo Anxo: grupo M - subgrupo 2 - categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: véxase prego.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70 baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 4 de febreiro de 2013

P.D. (Orde 19.8.2009)
Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo