Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2013 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto e trámite de urxencia, da contratación administrativa especial do servizo de programación e xestión do proxecto Rede galega de dinamización xuvenil (expediente AG2/2013).

1. Entidade adxudicadora

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

c) Obtención de documentación e información:

1. Na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, 3º andar, 15781 Santiago de Compostela, fax 881 99 96 67; para información de índole administrativa no teléfono 981 54 48 53, para información de índole técnica no teléfono 981 54 48 21.

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18438

d) Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Nº de expediente: AG2/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contratación administrativa especial.

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a elaboración dun programa de dinamización xuvenil denominado Rede galega de dinamización xuvenil e a súa posterior xestión e execución.

c) Lugar de execución: en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

d) Prazo de execución: o prazo de execución será dun ano desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPA: 94.99.14.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: o importe de licitación é de trescentos oitenta e nove mil cincocentos noventa e seis euros (389.596,00 €) máis oitenta e un mil oitocentos quince euros con dezaseis céntimos (81.815,16 €) en concepto de IVE, polo que o importe total é de catrocentos setenta e un mil catrocentos once euros con dezaseis céntimos (471.411,16 €).

5. Garantías: exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela. Cando as proposicións se envíen por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (881 99 96 67), ou telegrama, no mesmo día. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n.

b) Localidade: Santiago de Compostela.

c) Data e hora: ás 10.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas; no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2013

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar