Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4035

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5265/2012 MDM).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 0005265/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 0000575/2012 Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: Jonathan Alonso Barros.

Avogada: Margarita Guillán Cornejo Molins.

Procurador: Ignacio Pardo de Vera López.

Recorrente: Fondo de Garantía Salarial.

Recorrido: empresa Sonia Vilas de Sa.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 5265/2012 desta sección, seguido por instancia de Jonathan Alonso Barros contra a empresa Fondo de Garantía Salarial e a empresa Sonia Vilas de Sa, sobre despedimento disciplinario, foi ditada sentenza do 18 de xaneiro de 2013, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Jonathan Alonso Barros contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo do 11 de xullo de 2012, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, despois de devolver os autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Sonia Vilas de Sa, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial