Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4037

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (2376/2010MRA).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 0002376/2010MRA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 0000997/2009 Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrente/s: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorrido/s: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Borja Gómez Malvar 000907352B SLNE, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado/a: María José Martínez-Fariza Conde.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2376/2010 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Borja Gómez Malvar 000907352B SLNE, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo sobre outros dtos. seg. social, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do oito de marzo de dous mil dez, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, en autos seguidos por instancia de Mutua Gallega contra INSS, TXSS, Borja Gómez Malvar, a sala confírmaa integramente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste T.S.X. de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta no Banesto co nº 1552, e debe indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lles efectuarán as notificacións no xulgado, salvo cando se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, a fin de que sirva de notificación en forma a Borja Gómez Malvar, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán no xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial