Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4039

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (396/2012).

Estefanía Cotobal Martín, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, anuncia que no presente procedemento, seguido por instancia de Almacenes Celso Míguez, S.A. contra Tania Rodríguez Carballo, Adelaida Carballo Fernández e Augusto Rodrigues foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Ourense, 17 de decembro de 2012

Vistos por Eva María Martínez Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4, con competencia mercantil de Ourense, por proposta de Rosa Lama Marra, xuíza en prácticas, baixo a supervisión dos presentes autos de xuízo verbal, rexistrados co número 396/2012, promovidos por Almacenes Celso Míguez, S.A., representada pola procuradora María Gloria Sánchez Izquierdo, e asistida polo letrado Jesús Ángel del Río Varela, contra Augusto Rodrigues Fernández, Adelaida Carballo Fernández e Tania Rodríguez Carballo, en rebeldía procesual, sobre acción de responsabilidade contractual de reclamación de cantidade, ditou a seguinte sentenza:

Resolvo:

Que considerando a demanda formulada por María Gloria Sánchez Izquierdo, en nome e representación de Almacenes Celso Míguez, S.A., debo condenar e condeno a Augusto Rodrigues Fernández, Adelaida Carballo Fernández, e Tania Rodríguez Carballo a aboaren conxunta e solidariamente á parte demandante a suma de 2.969,93 euros, máis os xuros legais desde a data da sentenza, incrementados en dous puntos, con imposición de custas á parte demandada.

Contra esta resolución non cabe formular recurso ningún, conforme o artigo 455 da Lei de axuizamento civil, e é firme.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, que se rexistrará no libro de sentenzas e da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos».

E encontrándose os devanditos demandados, Tania Rodríguez Carballo, Adelaida Carballo Fernández e Augusto Rodrigues, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Ourense, 9 de xaneiro de 2013