Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4041

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (383/2012).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

No Porriño o oito de xaneiro de dous mil trece.

Vistas por min, Gaspar Carlos Salgado Fernández, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 desta vila e partido xudicial, as actuacións do xuízo verbal seguidas co número 383/2012, en que figuraba como demandante María Isabel Nogueira Forneiro, representada pola procuradora Ana Belén Pérez Carrera, con asistencia técnica da letrada María Belén Gómez Chantada, e como demandado Francisco Javier Ézara Trillo, en situación procesual de rebeldía, dito, en nome do rei, a seguinte

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por María Isabel Nogueira Forneiro, debo condenar e condeno a Francisco Javier Ézara Trillo a pagar á demandante a suma de mil trescentos oitenta e dous euros e cincuenta e nove céntimos (1.382,59 €), máis os xuros legais correspondentes, con imposición de custas á demandada.

Dedúzase testemuño literal desta resolución que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, en virtude do artigo 455.1 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco J. Ézara Trillo, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

O Porriño, 22 de xaneiro de 2013

O/a secretario/a xudicial