Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1019/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 1019/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Celeiro Rodríguez contra Translosada 2006, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse auto de aclaración cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Procede aclarar a sentenza do 11.1.2013 no sentido de modificar o feito probado segundo, debendo engadir que a empresa tamén debe ao traballador o salario correspondente ao mes de xuño.

Notifíquese ás partes este auto, facéndolles saber que contra el non cabe recurso ningún, salvo o que se interpoña fronte á resolución principal.

E para que sirva de notificación en forma a Translosada 2006, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 18 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial