Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4046

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1001/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 1001/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Saco Carrasco contra as empresas Sabico Seguridad, S.A. e Esabe Vigilancia, S.A., sobre despedimento, se expediu a seguinte cédula de citación:

Cédula de citación.

Persoas que se citan: Sabico Seguridad, S.A., Esabe Vigilancia, S.A., como partes demandadas.

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao acto de conciliación e, se é o caso, xuízo. Concorrerán a tales actos coas probas de que intenten valerse e tamén, se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestarán as preguntas que se lles formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que deben comparecer.

Deben comparecer o día 6.3.2013 ás 11.45 na sede do Xulgado do Social número 1, sita na planta 4, sala 9, Edificio dos Xulgados, para a realización do acto de xuízo.

Prevencións legais.

1º A non comparecencia dos demandados, debidamente citados, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LPL/LXS).

2º Fáiselles saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º Deben asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intenten valerse (artigo 82.2 LPL/82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberán comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá presentar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, debendo practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.2 LPL/90.3 LXS).

4º Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

O seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto indícaselle que se non comparece se poderán ter por certos os feitos da demanda en que tivese intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 LPL/LXS).

A achega ao acto do xuízo dos documentos indicados nos puntos II.b) e d) do outrosí da demanda.

Advírteselle que se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderán considerarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 LPL/LXS).

5º Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 53.2 LXS/155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que é convocado (artigo 83 LPL/LXS 183 LAC).

7º As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder quince días.

En Lugo, o trece de novembro de dous mil doce.

O secretario xudicial

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de citación ás empresas Sabico Seguridad, S.A. e Esabe Vigilancia, S.A., expídese a presente.

Lugo, 17 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial