O 20 de decembro de 2012, a conselleira de Sanidade ditou resolución recaída no recurso de alzada do expediente sancionador nº 2012046TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Ramón Prado Ruel.
Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Ramón Prado Ruel o contido da resolución do recurso de alzada que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso- administrativo ante o Xulgado ou o a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8 e 14, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4 da Coruña, ou nos servizos centrais na Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico Xurídico), situada no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
O aboamento da sanción farase no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que pode efectuar en calquera oficina da Caixa Galicia conta contable 840, código 001, en Caixanova Recadación Xunta, en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lles facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial ou nos servizos centrais da Consellería de Sanidade. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 15 de xaneiro de 2013
Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2012046TA-CO.
Interesado: Ramón Prado Ruel
DNI/NIF/CIF: 33222111Z.
Derradeiro enderezo coñecido: Conxo de Arriba, 34, 15706 Santiago de Compostela.
Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigo/s infrinxido/s: a) Artigo 35.a.1), da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e artigo 41.a) e h), da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.
b) Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, artigos: 7.u); 19.2 a).
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 30 € (trinta euros).
Contido da resolución: desestimar o recurso de alzada interposto por Ramón Prado Ruel, contra a resolución da xefa territorial da Consellería de Sanidade na Coruña, do 9.5.2012, pola que se lle impón a sanción de trinta euros (30 €), pola comisión dunha infracción administrativa leve.

