Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que, no procedemento de sancións 811/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Couto Rial contra a empresa Efacec Sistemas España, S.L., sobre sancións, se ditou a seguinte resolución:
«Auto.
Maxistrada-xuíza: Lara María Munín Sánchez.
Na Coruña, o vinte e oito de novembro de dous mil doce.
Antecedentes de feito
Primeiro. Óscar Couto Rial interpuxo demanda fronte a Efacec Sistemas España, S.L., que foi admitida a trámite. Sinalouse para a celebración dos actos de conciliación e xuízo, por Resolución do 6 de novembro de 2012, o día 15 de xaneiro de 2013, ás 10.05 horas.
Segundo. Ao acto de conciliación/xuízo a parte demandante manifestou que desiste da acción emprendida.
No día e hora sinalados procédese a chamar as partes, unha vez comprobada a constancia en autos de se ter realizado a súa citación en forma; a parte demandante non compareceu.
Fundamentos de dereito.
Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso e ao non solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede ter o demandante por desistido da súa demanda.
Dispón o artigo 83.2 da LXS que, se o demandante citado en forma non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación, ou do xuízo, o secretario xudicial no primeiro caso e o xuíz ou tribunal no segundo, o terán por desistido da súa demanda.
Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,
Parte dispositiva.
Dispoño: ter por desistido a Óscar Couto Rial da súa demanda fronte a Efacec Sistemas España, S.L., de sanción.
Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.
Incorpórese o orixinal ao libro de autos e déixese certificación no procedemento da súa razón.
Notifíqueselles ás partes.
Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo do tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da Lei de procedemento laboral (LPL).
Así o acorda e asina SSª. Dou fe.
A maxistrada xuíza. O secretario xudicial».
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento.
E para que sirva de notificación a Efacec Sistemas España, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 23 de xaneiro de 2013
O secretario xudicial

