Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4164

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (861/2010).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que por resolución ditada o día 18 de xaneiro de 2013, no proceso seguido por instancia de Carlos Loureiro Méndez e outros dous contra Cristalería Luada, S.L. e Fogasa, en reclamación por cantidade, se rexistrou co nº 861/2010 e se acordou notificar a Cristalería Luada, S.L. a decisión de sentenza seguinte:

«Decido que estimando integramente a demanda formulada por Carlos Loureiro Pérez, José Antonio Fernández Rodríguez e Mariano José Torres Bermani, que comparecen asistidos polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Cristalería Luada, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle a Carlos Loureiro Pérez a cantidade de 6.172,62 euros, a José Antonio Fernández Rodríguez a cantidade de 6.172,62 euros e a Mariano José Torres Bermani a cantidade de 5.451,76 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Cristalería Luada, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial