Resideca, S.C. solicitou licenza municipal de valoración de R.C.D. e clasificación de chatarras, situada no polígono industrial da Uceira, parcela A-9, deste termo municipal. Cumprindo o disposto no artigo 8, parágrafo 3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, polo período de vinte (20) días, co fin que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no DOG, poidan examinar o expediente, nas oficinas municipais deste Concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.
O Carballiño, 15 de xaneiro de 2013
Argimiro Marnotes Fernández
Alcalde

