Ricardo Ferreiro Novo solicita desta Alcaldía licenza municipal para expediente de legalización de instalacións para ampliación de explotación de gando vacún de leite existente, en Moure-Campo. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.
Taboada, 22 de xaneiro de 2013
Ramiro Moure Ansoar
Alcalde

