Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2013 Páx. 4272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 156/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación LMTS avenida Jesús Fernández Pita, nº 53, polígono Río do Pozo.

Situación: concello de Narón.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,127 km, en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240 Al), baixo tubo, coa orixe en paso aero-subterráneo que se realizará no apoio número 38-37 existente da LMT CRN-718, apoio onde realiza o paso aero-subterráneo da LMTS que se vai retirar, que actualmente alimenta ao CT Río do Pozo, 5 (expediente 29/1994) e final no mesmo apoio número 38-37 existente da LMT. CRN-718, despois de realizar entrada e saída no CT Río do Pozo, 5 e no CS. Avenida Jesús Fernández Pita, número 5, que instalará o cliente.

– Cela de liña en CT Río do Pozo, con illamento en SF6.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña