Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2013 Páx. 4274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se notifica a Edafología y Restauración del Entorno Gallego, S.L. o emprazamento para comparecencia no recurso contencioso-administrativo interposto por Áridos CNC, S.L. contra a resolución desta consellería do 10 de febreiro de 2012 na cal se desestima parcialmente o recurso potestativo de reposición deducido contra outra do 26 de outubro de 2009 na cal se aprobou a modificación do plan de restauración da concesión de explotación Miramontes, nº 6770.1, na provincia da Coruña.

Tentada por dúas veces a notificación no último domicilio coñecido e após ser devolvida polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula comunícase a Edafología y Restauración del Entorno Gallego, S.L. que está a ser tramitado o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 7240/2012, na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto por Áridos CNC, S.L. contra a resolución desta consellería do 10 de febreiro de 2012 na cal se desestima parcialmente o recurso potestativo de reposición deducido contra outra do 26 de outubro de 2009 na cal se aprobou a modificación do plan de restauración da concesión de explotación Miramontes, nº 6770.1, na provincia da Coruña, co fin de que poida comparecer, se o considerar oportuno, perante o dito xulgado, no prazo de 9 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2013

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria