Pablo Molinos Rodríguez solicita licenza municipal para a apertura dun centro autorizado de tratamento de vehículos fóra de uso (CAT), na rúa Curros Enríquez, s/n de Santa Comba, cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.
Santa Comba, 31 de xaneiro de 2013
Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde