Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2013 Páx. 4324

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre apertura de local para almacén de pensos, produtos fitosanitarios e venda de animais (expediente 2011008470).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Manuel Iglesias Novoa solicita licenza de apertura para almacén de pensos, produtos fitosanitarios e venda de animais no local sito en rúa Bellao, nº 2, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de vinte (20) días desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 30 de novembro de 2012

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente