Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2013 Páx. 4319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2013 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que resolven os recursos de reposición de varios predios (expediente 2010001335 e outro).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00840, LMT Vilariño-Ouriz. Expediente IN407A 2007/74-3-AT. TM O Pereiro de Aguiar.

Concello: O Pereiro de Aguiar.

Provincia: Ourense.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Ourense.

Beneficiario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Acto notificado: resolución de recurso de reposición.

Persoa que se vai notificar

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Antonio Diz Nespereira

Antonio Diz Nespereira

11.10.2012

11.10.2012

2010001335

2010001336

62

74

4.632,33

2.423,83