1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).
b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou na web: www.contratosdegalicia.es
c) Teléfono: 981 54 69 92. Fax: 981 54 01 18. Correo electrónico:
www.contratosareatraballo@xunta.es
2. Obxecto do contrato: servizo para a contratación do seguimento e control das accións formativas dos plans de formación intersectoriais e sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.
3. Prazo de execución do contrato: establécese un prazo contado desde a sinatura do contrato ata o 15 de decembro de 2013.
4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.
5. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).
6. Orzamento base de licitación: cento noventa e tres mil trescentos cincuenta euros (193.350,00 €) máis corenta mil seiscentos tres euros con cincuenta céntimos de euro (40.603,50 €) correspondentes ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de douscentos trinta e tres mil novecentos cincuenta e tres euros con cincuenta céntimos de euro (233.953,50 €).
7. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.
8. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 5.3 do PCAP.
9. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación: no Rexistro da Consellería de Traballo e Benestar situado na planta 0 do edificio administrativo desta consellería en San Lázaro (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.
10. Apertura de ofertas: a apertura pública do sobre número 2 terá lugar na sala de xuntas da consellería, situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, no décimo día natural, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se trasladará ao primeiro día hábil seguinte.
Anunciarase no perfil do contratante e comunicaránselles aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre número 3.
11. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013
P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

