Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente a un expediente do ano 2013.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relacionan a continuación:

– Expediente 2012.14.FC.A.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: obra de acondicionamento de local para oficina de emprego, situada na avenida de Vigo, núm.136. 36940 Cangas, Pontevedra.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 190, do xoves, 4 de outubro de 2012.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: trescentos trinta e cinco mil trinta e tres euros con cincuenta e sete céntimos de euro (335.033,57 €), máis setenta mil trescentos cincuenta e sete euros con cinco céntimos de euro (70.357,05 €) en concepto de IVE (21 %), o que fai un total de catro centos cinco mil trescentos noventa euros con sesenta e dous céntimos de euro (405.390,62 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 31 de decembro de 2012.

b) Contratista: Construcciones Orega, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos sesenta e cinco mil novecentos oitenta e tres euros con quince céntimos de euro (265.983,15 €), máis cincuenta e cinco mil oitocentos cincuenta e seis euros con corenta e seis céntimos de euro (55.856,46 €) en concepto de IVE (21 %), do cal resulta un total de trescentos vinte e un mil oitocentos trinta e nove euros con sesenta e un céntimos de euro (321.839,61 €).

6. Formalización: 8 de xaneiro de 2012.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2013

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar