En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos contratos que se relacionan a continuación:
Expediente 2012.31.FC.NS.
1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.
a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www. contratosdegalicia.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo para a realización dos traballos de apoio á Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar para a realización da 6ª convocatoria das probas de avaliación de competencias clave.
3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade por exclusividade.
4. Orzamento base de licitación: vinte e sete mil douscentos vinte e nove euros con sesenta e sete céntimos de euro (27.229,67 €), máis dous mil setecentos vinte e dous euros con noventa e sete céntimos de euro (2.722,97 €), en concepto de IVE (10 %), o que supón un total de vinte e nove mil novecentos cincuenta e dous euros con sesenta e catro céntimos de euro (29.952,64 €)
5. Adxudicación.
a) Data: 20 de novembro de 2012.
b) Contratista: Fundación Semana Verde de Galicia.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: vinte e sete mil douscentos vinte e nove euros con sesenta e sete céntimos de euro (27.229,67 €), máis dous mil setecentos vinte e dous euros con noventa e sete céntimos de euro (2.722,97 €), en concepto de IVE (8 %), o que supón un total de vinte e nove mil novecentos cincuenta e dous euros con sesenta e catro céntimos de euro (29.952,64 €).
6. Formalización: 21 de novembro de 2012.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

