Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 6 de febreiro de 2013 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión e da batea Delfín.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Delfín, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 4 de febreiro de 2013, María del Carmen Agra Gil e Constante Otero Rial solicitaron autorización para transmisión da concesión e da batea Delfín.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG nº 243, do 3 de decembro), de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguíu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de José Santiago López Piñeiro e María Belén Romero Torres (76966295-S, 76966724-F) 100 % gananciais, da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Delfín.

Localización:

Cuadrícula nº: 104.

Polígono: D.

Distrito: A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis):

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 28.9.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: María del Carmen Agra Gil e Constante Otero Rial (35444154-G, 35445489-M) 100 % gananciais.

Novos titulares: José Santiago López Piñeiro e María Belén Romero Torres (76966295-S, 76966724-F) 100 % gananciais.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 6 de febreiro de 2013

P.D. de sinatura (Resolución 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña