Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se somete á información pública o estudo de impacto ambiental da zona de concentración parcelaria de Estelo-Os Remedios (Mondoñedo-Lugo).

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán ao trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter á información pública, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, o estudo de impacto ambiental da zona de concentración parcelaria de Estelo-Os Remedios (Mondoñedo-Lugo).

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Desenvolvemento Rural, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural