De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle a Juan Manuel Vaamonde Liste a incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/89/2012 e a orde de suspensión de obras ditada no expediente IU3/89/2012-S1, en relación coas obras de construción dunha edificación en Prado do Rechouso, no lugar de Froxán, parroquia de Vilamor, no termo municipal de Folgoso do Courel, provincia de Lugo.
Ao non poderse realizar a notificación persoal das citadas resolucións, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, notifícaselle ao interesado as citadas resolucións.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, os actos non se publican na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro das resolucións que se notifican está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, as notificacións entenderanse producidas.
En relación co acordo de incoación, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.
En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase de que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra esta o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2013
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

