Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2013 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 15R001/232/2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Protección ao Consumidor.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester 1-5 baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2013

Por vacante (Artigo 4.3 do Decreto 184/2011; DOG nº 189, do 3 de outubro)
Mª Jesús Muñoz Chesa
Xerente do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001/232/2012.

Interesada: Sportauto Santiago, S.L.

CIF: B-15946908.

Acto notificado: acordo de iniciación.