De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución pola que se acorda o cambio de instrutor no expediente sancionador ES-P-0019/12.
Pontevedra, 14 de xaneiro de 2013
(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado: Antonio Gómez Gómez.
Expediente: ES-P-0019/12.
Último domicilio coñecido: avda. de Galicia, núm. 3, 3º B, Vilanova de Arousa. Pontevedra.
Asunto: notificación do cambio de instrutor no expediente sancionador ES-P-0019/12.
Indicación do contido: resólvese nomear instrutor do procedemento sancionador ES-P-0019/12 a Patricia Iglesias López, funcionaria con destino na Área Provincial do IGVS en Pontevedra. Ao instrutor aplicaráselle o réxime de recusación e abstención recollido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Alegacións: concédese un prazo de quince días para que se acheguen cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, de ser o caso, para propoñer proba concretando os medios de que pretende valerse. Esta resolución non é susceptible de recurso.

