Unha vez rematados os procesos selectivos mediante o sistema concurso-oposición, en quenda de consolidación de emprego temporal e acceso libre, para a provisión das prazas de persoal laboral fixo deste concello que se indican a continuación e, de acordo coas propostas dos tribunais cualificadores, por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello do Barco de Valdeorras, en sesión que tivo lugar o día 20 de decembro de 2012, nomeouse, en execución da oferta de emprego público deste concello para o ano 2010, para a provisión das ditas prazas a:
– Begoña Garrido Dapena, co DNI 34978354-T, para a praza de directora para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras, a xornada completa.
– Beatriz Domínguez Carrera, co DNI 76712371-B e a Patricia Gavela Crespo, co DNI 09804017-Z, para as prazas de técnicas especialistas en xardín de infancia para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras, a xornada completa.
– Manuela Dafos Gómez, co DNI 34947262-G, para a praza de axudante de cociña e limpeza para a escola infantil municipal do Barco de Valdeorras, a xornada parcial (30h/sem).
O Barco de Valdeorras, 22 de xaneiro de 2013
Eduardo Ojea Arias
Alcalde accidental

