Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4428

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para ampliación do cemiterio parroquial de Santa María de Vigo.

O Arcebispado de Santiago de Compostela solicitou licenza municipal para a ampliación do cemiterio parroquial de Santa María de Vigo, sito no lugar de Folgueira, nº 11, parroquia de Santa María de Vigo, termo municipal de Cambre. Cumprindo co disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, nas oficinas da Área de Urbanismo, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Cambre, 18 de xaneiro de 2013

P.D. (R.A. nº 1000, do 17.6.2011)
Rocío Vila Díaz
Concelleira delegada da Área de Urbanismo e Medio Ambiente