Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4429

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal de Culleredo, así como acordo de suspensión de licenzas.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria realizada o 31 de xaneiro de 2013, acordou aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Culleredo, redactado pola entidade mercantil Monteoliva Arquitectura, S.L.P.

Consonte o previsto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 20 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Louga), o dito documento aprobado inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, sométese a un período de consultas e de exposición ao público polo prazo de dous (2) meses, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia; durante o cal os interesados poderán examinalo e presentar cantas alegacións consideren convenientes, xa que está á súa disposición nas dependencias habilitadas para o efecto en Vila Melania, sita na avda. de Vilaboa nº 42 (Vilaboa-Culleredo), de luns a venres, das 10.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 20.00 horas.

Asemade, na referida sesión plenaria, acordouse, de acordo co disposto no artigo 77 da Louga e 118.1 e 120.1 do Regulamento de planeamento urbanístico, a suspensión de licenzas de parcelación de terreos, ampliación, rehabilitación, restauración, nova edificación e demolición naquelas zonas do territorio onde o Plan xeral de ordenación municipal que se tramita contén determinacións diferentes ás contidas na ordenación urbanística vixente.

As zonas concretas en que se suspenden as licenzas son as áreas de solo que se determinan no documento resumo executivo que forma parte da documentación do PXOM aprobado inicialmente e que aparecen reflectidas no plano nº 2 deste.

Nas áreas do territorio municipal onde non se suspenden licenzas poderán ser outorgadas consonte as seguintes condicións e para os seguintes ámbitos:

• Solo urbano consolidado.

Poderanse outorgar licenzas nos ámbitos que o novo PXOM mantén subsistentes (APS) baixo a ordenación de cadanseus instrumentos de ordenación de desenvolvemento ou figuras específicas, nomeadamente os seguintes:

– APS. Monte Alfeirán.

– APS. SUNP A-2. Plan parcial Sociedad Urbanización-Sol, S.L.

– APS. SUNP A-2. Plan parcial Laxe. Parroquia de Rutis.

– APS. SUNP A-2. Plan parcial Augas Mansas.

– APS. SUNP A-2. Plan parcial Monte Anchouza.

– APS. Plan parcial Campo da Folla.

– APS. SUNP. Plan parcial área 6. Zapateira 1.

– APS. SUNP. Plan parcial área 6. Zapateira 2.

– APS. SUNP A-9. Plan parcial. Alvedro.

– APS. Proxecto sectorial. Centro Loxístico de Transportes.

– APS. Plan especial P.E.3. Universidade Laboral.

– APS. Estudo de detalle ED-UA-31. Acea de Ama.

Poderase outorgar licenza naqueles ámbitos de solo urbano consolidado ordenados baixo normas zonais de tipoloxía e uso similares sempre que cumpran simultaneamente as condicións exixidas por ambas as normativas.

• Solo de núcleo rural.

Poderase outorgar licenza naqueles ámbitos de núcleo rural baixo a aplicación da disposición transitoria primeira da Lei 9/2002 nos ámbitos do plan de 1987, mesmo cumprindo simultaneamente as condicións exixidas por ambas as normativas.

• Solo rústico.

Poderase outorgar licenza naqueles ámbitos de solo rústico cumprindo simultaneamente o réxime previsto na Lei 9/2002 para o solo rústico, o disposto no plan de 1987 para o solo non urbanizable e o disposto no novo PXOM para o solo rústico.

En todo caso, o cumprimento simultáneo, cando xurda a dúbida de interpretación, resolverase consonte o disposto no artigo 6 da Lei 9/2002.

Culleredo, 4 de febreiro de 2013

Julio Sacristán de Diego
Alcalde