Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4432

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de información pública relativo ás obras de ampliación do cemiterio de Santa Cristina de Barro.

Polo prazo de vinte días e para os efectos establecidos no artigo 41.2.b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, artigo 52 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xullo, sométese a información pública o expediente de solicitude de licenza municipal para levar a cabo as obras do ampliación de cemiterio de Santa Cristina de Barro, Noia (A Coruña), coas seguintes características:

Localización das obras: Santa Cristina de Barro, Noia (A Coruña).

Cualificación urbanística: solo non urbanizable común (rústico de protección ordinaria segundo os artigos 33, 36 e 42 da LOUPMR 9/2002 de Galicia).

Uso solicitado: ampliación de cemiterio.

Parcela: 5.725,00 m2.

Altura máxima da edificación pretendida: 5,69 metros (permitido 7 m segundo as leis 9/2002 e 15/2004).

Lugar e horario de consulta da documentación completa: nas oficinas municipais do Departamento de Urbanismo do Concello de Noia, das 9.00 ás 14.00 horas.

Noia, 18 de decembro de 2012

Rafael García Guerrero
Alcalde