Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4433

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de nomeamento dos aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de funcionarización.

Por Resolución de Alcaldía do 17 de xaneiro de 2013, unha vez concluído o procedemento selectivo extraordinario de funcionarización, efectuouse o nomeamento dos seguintes aspirantes que o superaron (prazas de auxiliar administrativo, adscrición Administración local, grupo C2, escala de Administración xeral, subescala auxiliar) nas seguintes áreas:

Nome e apelidos

DNI

Área do posto

Rosa Mª Barreiro Álvarez

76517184-W

Secretaría

Mª del Rosario Rial Castaño

78785096-E

Intervención

Emilio Lourido Querentes

52454166-K

Urbanismo

O que se fai público para os efectos do artigo 25.2 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio, ante a Alcaldía deste concello, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Noia, 18 de xaneiro de 2013

Rafael García Guerrero
Alcalde