Aprobado polo Pleno, en sesión ordinaria do día 31 de xaneiro de 2013, o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que rexerán na licitación, mediante procedemento aberto, para contratar a subministración, mediante arrendamento financeiro con mantemento (renting), de tres vehículos para o servizo municipal da Policía local, faise público, para efectos de presentación de proposicións e ofertas polos licitadores interesados, o seguinte anuncio:
1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Redondela. Dependencia: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato: a subministración de tres vehículos patrulleiros para a Policía Local do Concello de Redondela coa descrición, características e especificacións establecidas no prego de prescricións técnicas.
Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).
Prazo de execución: o prazo do arrendamento financeiro é de sesenta (60) meses contados a partir da acta de recepción dos vehículos. A entrega dos vehículos obxecto desta subministración deberá realizarse nun prazo que non poderá ser superior a noventa (90) días desde a formalización do contrato.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Garantía provisional: non se exixe.
5. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.
6. Garantía complementaria: 5 % do importe de adxudicación do contrato no caso de que o adxudicatario presente unha oferta con valores anormais ou desproporcionados.
7. Obtención da documentación e información: perfil do contratante da páxina web do Concello de Redondela e oficina de Contratación, situada na planta baixa da Casa do Concello. Alfonso XII, 2 de Redondela. Teléfono 986 40 03 00. Fax 986 40 38 94. Correo electrónico: contratacion@redondela.es
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
8. Requisitos específicos do contratista: acreditarase a solvencia económica, financeira e técnica do xeito requirido na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de ofertas: 15 días naturais a partir da publicación do último dos correspondentes anuncios no DOG, BOP ou perfil do contratante (www.redondela.es). Documentación: a exixida na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Redondela ou por correo na forma legalmente determinada ao enderezo rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, ata as 14.00 h do último día do prazo. Se o último día fose sábado ou festivo, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte. Cando a documentación sexa enviada por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 40 38 94) ou telegrama no mesmo día.
10. Apertura de ofertas.
Data e hora: 14.00 horas do terceiro día hábil (non sábado) seguinte á data en que conclúa o prazo de presentación (agás que falte algunha proposición por recibir, caso en que se fixará un novo prazo, logo de aviso no perfil do contratante).
11. Criterios de valoración das ofertas: os establecidos na cláusula 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario, ata un máximo de 2.000,00 euros.
13. Páxina web para obtención de información: www.redondela.es
Redondela, 1 de febreiro de 2013
Javier Bas Corugeira
Alcalde

