Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de exposición pública respecto do expediente 39911/422 para licenza de obra do supermecado Mercadona.

Mercadona, S.A. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza de obra e licenza de actividade para supermercado de alimentación con aparcadoiro, que se situará na avenida Florida nº 108 (expedientes 77971/421 e 39911/422).

De conformidade co artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial de la provincia e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que, quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer, poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta 1 do edificio da Xerencia sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 21 de xaneiro de 2013

Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo