O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012 e que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2013
Pablo Galego Feal
Director da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria
ANEXO
|
Convenio |
Importe económico |
Data de sinatura |
|
Prórroga do convenio de colaboración entre a Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (Fundación Idichús) e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), asinado o 30 de setembro de 2010 |
36.000 € |
12.9.2012 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Fegas e Roche Farma, S.A. para a colaboración na organización do Programa de dirección sanitaria, dentro do ámbito da Escola de Directivos Sanitarios de Galicia |
9.000 € |
6.9.2012 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Fegas e Glaxosmithkline, S.A. para a colaboración na organización de actividades formativas no ámbito da Escola de Directivos Sanitarios de Galicia |
1.500 € |
8.10.2012 |

