Que neste Xulgado do Social número 1 se tramita execución 77/2009, por instancia de Heliodoro Edreira Oseira e outros contra Ipisa Piedras Naturales, S.A., con domicilio na Medua 48, Carballeda de Valdeorras, Ourense, en que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa os bens que máis abaixo se dirán. Sinálase para que teña lugar o vindeiro día 2 de abril de 2013, ás 11.30 horas, coas condicións seguintes:
Primeiro. Para tomaren parte na poxa, os licitadores, agás o executante, deberán presentar xustificante que acredite que depositaron na conta de depósitos e consignacións deste tribunal ou de que prestaron aval bancario polo 20 % do valor de taxación dos bens obxecto de poxa, facendo constar, de ser o caso, se o fan en nome dun terceiro.
Segundo. Que se poderán facer ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facendo o depósito a que se fixo mención anteriormente.
Terceiro. Que se poderán facer ofertas superiores ao 50 % da valoración, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.
Cuarto. Que non se poderá proceder á inmediata aprobación do remate se a cantidade ofrecida non supera o 50 % do valor da taxación ou se, sendo inferior, non cobre, polo menos, a cantidade pola cal se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas.
Quinto. Que unicamente o executante ou os responsables legais solidarios ou subsidiarios poderán concorrer reservando para si a facultade de lle ceder o remate a un terceiro, e tomar parte na poxa só cando existan licitadores, mellorando as ofertas que se fixeren.
Sexto. En caso de que a poxa quede deserta, só o executante ou, na súa falta, os responsables legais solidarios ou subsidiarios, terán o dereito a se adxudicar o ben polo 30 % da súa valoración.
Sétimo. Para o suposto de que a notificación do sinalamento ao executado resulte negativa por se encontrar en ignorado paradoiro, sirve este edicto de notificación.
Bens que se sacan a poxa e valor:
1. Guindastre Euroconstruzioni Pellegrini. Tipo DK/A20/50, matrícula 2047, ano 2000. Valorado en 45.000 euros.
2. Cortadora tipo SC 280/s, matrícula 001-06-93. Valorada en 7.900 euros.
Depositario: Ipisa Piedras Naturales, S.A., con domicilio en Hermunde, Lourixe, concello de Pol, Lugo.
Lugo, 23 de xaneiro de 2013
O secretario xudicial

