Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (91/2012).

Que neste Xulgado do Social número 1 de Lugo se tramita execución de títulos xudiciais 91/2012, por instancia de Andrea Ferro Silvarrey, contra Montserrat Álvarez Linares, con domicilio na rúa García Abad 27, baixo, de Lugo, en que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa o ben que máis abaixo se dirá. Sinálase para que teña lugar o vindeiro día 2 de abril de 2013, ás 11.00 horas, coas condicións seguintes:

Primeiro. Para tomaren parte na poxa, os licitadores, agás o executante, deberán presentar xustificante que acredite que depositaron na conta de depósitos e consignacións deste tribunal, ou de que prestaron aval bancario polo 20 % do valor de taxación dos bens obxecto de poxa, facendo constar, de ser o caso, se o fan en nome dun terceiro.

Segundo. Que se poderán facer ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facendo o depósito a que se fixo mención anteriormente.

Terceiro. Que se poderán facer ofertas superiores ao 50 % da valoración, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

Cuarto. Que non se poderá proceder á inmediata aprobación do remate se a cantidade ofrecida non supera o 50 % do valor da taxación ou se, sendo inferior, non cobre, polo menos, a cantidade pola cal se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas.

Quinto. Que unicamente o executante ou os responsables legais solidarios ou subsidiarios poderán concorrer reservando para si a facultade de lle ceder o remate a un terceiro, e tomar parte na poxa, só cando existan licitadores, mellorando as ofertas que se fixeren.

Sexto. En caso de que a poxa quede deserta, só o executante ou, na súa falta, os responsables legais solidarios ou subsidiarios, terán o dereito a se adxudicar o ben polo 30 % da súa valoración.

Sétimo. Para o suposto de que a notificación do sinalamento ao executado resulte negativa por se encontrar en ignorado paradoiro, sirve esta edicto de notificación.

• Bens que se sacan a poxa e valor:

Vehículo matrícula 3233 FXD, marca Peugeot, modelo 307, número de bastidor VF33H9HZC85071822.

Valorado en 6.630 euros.

Depositaria: Montserrat Álvarez Linares, con domicilio na rúa García Abad, 27, baixo, Lugo.

Lugo, 22 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial