De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á entidade Herdanza, S.L. o acordo de inicio de procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento parcial da axuda para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, convocada para o ano 2009, no expediente 15/00714/09.
Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias do Servizo de Explotacións Agrarias, situadas na Consellería do Medio Rural e do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da entidade en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Concédeselle á entidade interesada un prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acordo, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar (Servizo de Explotacións Agrarias).
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2013
José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria
ANEXO
Entidade interesada: Herdanza, S.L.
Expediente: 15/00714/09.
Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento parcial da axuda.
Último enderezo coñecido: A Carballeira, 1, Castro, 15685 Mesía (A Coruña).

