O 2 de xaneiro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2012417AL-CO incoado a María Dolores Piñeiro Iglesias.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a María Dolores Piñeiro Iglesias o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 21 de xaneiro de 2013
Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2012417AL-CO.
Interesada: María Dolores Piñeiro Iglesias (Pescadería Lolita).
DNI/NIF/CIF: 32631598A.
Último enderezo coñecido: mercado de Pontedeume, 15600 Pontedume.
Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo de 2011).
Artigo 6. Rastrexabilidade.
Artigo 50. Infraccións en materia de seguridade alimentaria e nutrición.
Artigo 51. Gradación das infraccións, punto 1.
Regulamento (CE) 178/2002, da Comisión do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixa procedementos relativos á seguridade alimentaria.
Artigo 14. Requisitos de seguridade alimentaria.
Artigo 18. Rastrexabilidade.
Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo (BOE núm. 202, do 24 de agosto de 1999). Aproba a norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios.
Artigo 5. Información obrigatoria da etiquetaxe.
Regulamento (CE) núm. 853/2004 do 29.4.2004 (LCEur 2004\1990), que establece normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal.
Anexo III. Requisitos específicos.
Sección VII. Moluscos bivalvos vivos.
Capítulo I. Requisitos xerais para a posta no mercado de moluscos bivalvos vivos.
Capítulo VII. Marcado de identificación e etiquetaxe.
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: 5.000 €. Cinco mil euros.

