Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2013 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/52/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar incorrecto o enderezo da súa destinataria.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a María Rosario dos Santos Raúl para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/52/2012, en relación coas obras de construción dunha edificación que se levan a cabo no lugar de Queizás-Camiño do Río, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística