O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o 9 de xaneiro de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras consistentes na construción dun aproveitamento baixo cuberta, redistribución interior de tabiques en planta baixa e piso, e na fachada sur a construción dunhas escaleiras pegadas a esta, nunha vivenda sita na rúa Barreira número 24, parroquia de San Pedro da Ramallosa, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo á entidade Decoraciones y Construcciones Fernández Rial, S.L., mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.
O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

