1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.
2. Obxecto do contrato: servizo de comedor, baixo o réxime de autoservizo, e de cafetaría da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e das súas sociedades TVG, S.A. e RTG, S.A., nas instalacións sitas en San Marcos, Santiago de Compostela.
3. Orzamento base de licitación: estimado de 61.000 euros sen IVE.
4. Prazo de execución: 2 anos.
5. Tramitación: ordinaria.
6. Procedemento: aberto.
7. Garantía definitiva: 5 por cento do importe estimado de adxudicación.
8. Obtención dos pregos de condicións e información: no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es
9. Lugar de presentación das ofertas: Rexistro da Subdirección de Contratación, Patrimonio e Servizos Comúns da CRTVG e das súas sociedades, Bando, San Marcos s/n,15820 Santiago de Compostela.
10. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
12. Apertura de ofertas: realizarase na sede da CRTVG en Bando, San Marcos s/n, Santiago de Compostela, na data e hora que se publicará no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013
Miguel Rodríguez Barrio
Director xerente de Planificación e Administración Xeral

 
					
					
					