De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase a publicación dos convenios de colaboración asinados pola Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas no terceiro cuadrimestre do ano 2012 e que se relacionan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2013
Rubén M. García González
Director xerente da Fundación Pública Galega
para a Tutela de Persoas Adultas (Funga)
ANEXO
|
Convenio |
Importe do convenio (€) |
Data de sinatura |
|
Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, entidade xurídica titular da Escola Universitaria de Traballo Social, e a Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas-Funga, para a realización do Practicum das titulacións da Escola Universitaria de Traballo Social. |
Sen achega económica |
21.9.2012 |

